Escrito el día 07-05-2015 09:02 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: Ninguna
Traballo real:
Tomando medidas para calcular áreas e perímetros. A ver que sae de todo isto...

?ui=2&ik=468aa25e6f&view=att&th=14d2d635?ui=2&ik=468aa25e6f&view=att&th=14d2d635?ui=2&ik=468aa25e6f&view=att&th=14d2d635
Escrito el día 23-04-2015 08:03 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: Ninguna
Moito tempo xa sen escribir.
O noso alumnado segue a traballar coas tablets. Na última semana nos descargamos o GeoGebra para Android e estiveron subindo a redalumnos os traballos feitos co seu programa de xeometría dinámica.
Todo isto mesturado con técnicas de aprendizaxe cooperativa. Hoxe mesmo estamos coa resolución de problemas de aplicación do Teorema de Pitágoras coa técnica 1-2-4 (nos grupos de 3 alumn@s traducida a técnica 1-3).
Imos vendo resultados positivos, aínda que moitas veces non respectan a dinámica da técnica grupal.

Seguiremos escribindo
Escrito el día 06-11-2014 17:50 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN
equidad-vs-igualdad.jpg?w=584
Escrito el día 03-10-2014 10:25 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: Ninguna
O noso alumnado de PDC xa é tableteador!!!
É un feito: levan as tablets á casa para traballar con elas, suben traballos en tempo e forma, realizan probas escritas con elas, usan a súa conta de correo, fan consultas da documentación subida a redalumnos, fan consultas nas páxinas de internet aconselladas,... pronto empezaremos con traballos colaborativos (eso espero)...e, ademais, con bos resultados.
Que non pare!
Escrito el día 22-09-2014 19:40 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: Ninguna
Novo curso, novo grupo, novo bienio en PDC, novo alumnado.
10 novas mentes potencialmente tableteadoras.
Desexamos, de veras, que esta plataforma, as tablets, o entorno virtual no que iremos traballando,... sirva para que aprendades máis e mellor.
Benvid@s a tabletea
Escrito el día 23-05-2014 10:16 por Tabletea Salvaterra De Miño
Vaia semaniñas de creatividade! Ademáis de Zooburst (aínda nos quedan creacións por amosar aquí) traballamos con cancións/poetas/música/imaxes...Un remix que nos está a divertir moito e co que afianzamos cuestións curriculares: comprensión oral e escrita, expresión escrita, estudio de recursos literarios, tics, etc. En fin...Ter creatividade e iniciativa, por moi sinxelo que pareza, supón un esforzo intelectual. Estades traballando moito e aprendendo un montón de cousas. Parabéns!
Escrito el día 20-05-2014 11:56 por Tabletea Salvaterra De Miño
Despois de estar traballando con Zooburst e facer as nosa primeiras incursións na Realidade Aumentada, os rapaces e máis a profe decidimos facer a nosa primeira "historia musicada". O noso obxectivo é crear un relato a través de imaxes, partindo dunha canción.
Escollemos unha canción dalgún cantante ou grupo que nos gusta, e seguindo as orientacións da profe, buscamos unha "mínima" relación con algún dos poetas do 27. Esa relación puido ser temática, no uso de recursos literarios, etc. O traballo ten varias partes; literarias e tecnolóxicas, porque precisamos descargar varias aplicacións para poder traballar. Algúns destes pasos foron estes: 
-selección da canción e vinculación cun poema destes autores. 
-Traballo do argumento, interpretación do texto e búsqueda das figuras literarias máis relevantes.
-Descarga dunha aplicación moi sinxela ca tablet para crear o noso vídeo.
-Selección de imaxes vinculadas a letra da nosa canción.
-Descarga doutro programiña para popder quedarnos co audio da canción. 
-Traballo co editor de video.

¡¡¡¡¡En fin!!! Estanos a levar tempo, pero, non se conquistou roma en dous días. Xa amosaremos probablemente nesta plataforma o resultado final. 

Escrito el día 25-04-2014 09:48 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN

4K90s.jpg

Escrito el día 25-04-2014 09:24 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN
adiosgarciamarquez.png
Escrito el día 25-04-2014 08:50 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN

Adolescencia e Autoestima

Estereotipos

Sé ti mesma