Escrito el día 01-02-2014 15:47 por Tabletea Salvaterra De Miño
Está semá seguimos a traballar duramente!2.gif Cada vez os mapas conceptuais están saíndo mellor, e incluso con "certas innovacións de deseño". Os rapaces accederon tamén a través de RedAlumnos aos documentos (docs.) ficha-lectura, que eu deseñei, e, tras a realización do traballo de lectura, recibirei os 9 traballos. A ver cómo se desenvolve ese traballo Tic de envío por parte dos rapaces!! Tarefa de fin de semá!
Por outra parte, cada un deles tamén accedeu a través da tablet á información sobre os ciclos medios nos que están interesados. Toca tocar este punto desde Titoría, porque esa nova etapa, cada vez está máis cerca. 
Escrito el día 30-01-2014 10:49 por Tabletea Salvaterra De Miño
Levamos xa unha semana sen usar as tablets no ámbito científico. Estamos con traballo manual (método tradicional). A verdade é que resulta bastante máis tedioso para o alumnado.
A vindeira semana volveremos ás tecnoloxías "táctiles"...prometido
Escrito el día 30-01-2014 07:27 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN
Vv6ykH6AkhpxGvqRP46kZzl72eJkfbmt4t8yenIm
Escrito el día 27-01-2014 09:35 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN

Noraboa polo traballo que estades a desenvolver coas tabletas, tanto profesorado como alumnado. Que saibades que hai outra moita xente que sigue o noso proxecto.

Quero comentarvos que xa hai moitos estudos científicos que amosan que as tabletas son o futuro (presente no noso caso?) do ensino. Somoss privilexiad@s!! 
Wilfred W. Fong, da Universidade de Toronto, chama a clases coma a vosa, aulas 3.0, é dicir, de terceira xeración e as máis avanzadas no proceso  de transformación educativa dos centros de ensino. As primeiras clases tiñan taboleiro e xiz, as da segunda fase usan computadores ou ultraportátiles e nas da terceira, coma a de 4º de PDC, predominan as tabletas e teléfonos intelixentes. Estes forman parte do M-learning (mobile learning), o modelo educativo no que alumnado e profesorado teñen cada súa tableta (aínda que pola crise Sandra e Andrés compartan unha) mediante a cal acceden aos contidos da clase e ao mundo en xeral. Xa non tedes que baixar a biblio a por Castelao, é Castelao o que sube a vosa clase. Ademais, neste escenario que temos para aprender, xorden novos coñecementos sobre a marcha debido a que xurden outros problemas e situacións non previstas (ou non Sandra? ) é se facilita moito o diálogo. Profesorado e alumnado están en igualdade de condicións e aprenden xuntos e paralelamente. Eu aprendo moitas cousas sobre TIC dos meus fillos que me están a servir para o meu traballo e non, non falo unicamente dos xogos da Play ou da PSVita
Outro gurú do uso das tabletas no ensino, Sam Gliksman, autor de moitas publicación sobre o tema, afirma que o uso das tabletas na clase e na casa lle permite ao alumnado explorar e conectarse nunha sociedade que demanda cada vez máis novos xeitos de aprendizaxe e ensino. Obviamente traballar coas tabletas na clase e nas casas non é o único factor que inflúe nos resultados e o rendemento académico, pero é moi claro que mellora moitísimo as aprendizaxes deste alumnado xa que o prepara moito mellor para a sociedade do século XXI. 
Poi iso, imos ver canto podemos avanzar e aprender xuntos. Moitos ánimos ! !
Escrito el día 24-01-2014 12:32 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: Ninguna

Hoxe estivemos facendo o primeiro exame en RedAlumnos, de AMSL. Conseguimos chegar ao exame e realizalo. Logo o enviamos. A profe recibiunos sen negún problema. Por outra banda, levando as tablets a fin de semá, seguiremos con Droidia facendo os nosos esquemas e despois os enviaremos á plataforma. Hai duas tarefas diferentes; AUTORES GALEGOS DOS ANOS 50 e PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. No segundo caso, os alumnos deben ver un vídeo que se agregou sobre esta tarefa. Nun futuro non moi lonxano, todos traerán auriculares para poder ver vídeos con audio na sua tablet na clase sen molestar aos demais. Progresamos adecuadament1.gif

Escrito el día 22-01-2014 22:51 por Tabletea Salvaterra De Miño
22/1/14. Levamos unha semá intensa de traballo... Os rapaces estiveron traballando ca aplicación Droiddia (mapas conceptuais) facendo os seus esquemas e deseñando a mellor presentación, ademáis de resumir, seleccionar e sintetizar o seu traballo. Este foi o primeiro paso. O segundo, enviar estes traballos a Redalumnos, o cal nos levou certo traballiño polo feito de que non todas as extensións dos arquivos son admisibles pola plataforma, polo que tivemos que facer certas modificacións. Resultado: positivo, moi positivo. Están (estades) traballando moito e de xeito continuo. Imos polo bo camiño. 1.gif
Escrito el día 21-01-2014 08:48 por Tabletea Salvaterra De Miño
Día 21 de xaneiro, hoxe o alumnado de 4º de PDC realizará unha proba escrita nas súas tablets.
O exame consistirá nun cuestionario de google drive ao que accederán a través dunha tarefa creada en redalumnos. Dese xeito imos combinando as diferentes posibilidades que nos ofrecen tanto esta rede e o google drive.
Xa vos contarei os resultados.
Comentarvos, tamén, que durante a fin de semana o alumnado levou as tablets para a súa casa coa intención de que puideran repasar a materia da proba a través dos contidos subidos a redalumnos.
Escrito el día 16-01-2014 10:01 por Tabletea Salvaterra De Miño
Xa levamos varios meses co proxecto tabletea.
O alumnado utiliza as súas bq de momento para acceder a redAlumnos no que imos colgando pouco a pouco material para que teñan á súa disposición, ben para traballar na aula, ben para traballar na casa.
Algún experimento de cuestionario tamén fixemos, pero con resultados pobres...os profes todavía non dominamos ben o seu funcionamento.
Algún documento común xa foi elaborado en google drive.
Hoxe o alumnado de PDC está a traballar coas súas tablets no tema da enerxía.
Trataremos de seguir mellorando
Escrito el día 04-11-2013 15:43 por Tabletea Salvaterra De Miño
Categorías: ORIENTACIÓN
Pois iso, chegaron as tabletas e temos que amortizalas estudando e traballando coma bestas. Do alumnado de 4º PDC vai depender que o proxecto teña continuidade ou quede nun experimento simpático na clase. Moitos ánimos e Alfredo estará sempre dispoñible para vos axudar, dentro das miñas posibilidades 1.gif, no que necesitedes.